 |
Foto publicada en "El Correo Gallego" onde aparece Jorge Mira acompañando a Stephen Hawking |
Que non vos sorprenda a afirmación coa que titulo este post: iso de que un kilo de palla pesa máis ca un de ferro non o digo eu, dío
Jorge Mira, doutor en Física, catedrático de Electromagnetismo na USC e considerado por moitos o máis mediático dos investigadores galegos. Esta e outras curiosas verdades científicas constitúen a materia da que está formado o libro "A ciencia no punto de mira", que o científico de Baio publicou o ano pasado e que acaba de chegar á nosa biblioteca. Nesta obra, Mira explica "con sinxeleza e humor" (
El País) e recorrendo a exemplos prácticos temas científicos variados. Para que vos fagades unha idea, cópiovos a continuación os títulos dalgúns dos capítulos desta obra:
Como cambian os homes diante das mulleres guapas
Que caras masculinas prefiren as mulleres?
Moscas borrachas, mellor con frío
Sexamos comprensivos con xuíces de liña
Ligando coa voz
E paro, que teño que ir dar clase. Antes, un consello: contede a vosa impaciencia por facervos con este libro porque de momento está sen catalogar e polo tanto non o atoparedes nas estanterías. Calculo que de aquí a dous ou tres días xa estará listo "to take away". Nese momento, se non vos apurades, lévoo eu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario