9/6/12

50 anos do Día das Letras Galegas


Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega mándavos un "moi cordial saúdo" desde o prólogo deste pequeno libriño cuxa portada podedes ver na imaxe deste post e que ides recibir próximamente. Nel cincuenta académicos repasan cadansúa figura das que teñen protagonizado ese día de festa da cultura galega. De todas as reseñas, a miña favorita é a que  Manuel Rivas  lle dedica a  Alvaro Cunqueiro. Vede que ben empeza:

O primeiro dereito dos humanos é o dereito a soñar. E abofé que o exerceu. Alvaro Cunqueiro é o señor dos Soños.

Se aínda non tendes o voso exemplar do caderniño Todas as Letras do día das Letras Galegas, pasade pola biblioteca e pedídello á profesora encargada. Ou ben lédeo aquí mesmo na versión dixital que a RAG por á disposición dos internautas: Todas as letras do día das letras galegas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...