19/6/12

Ser libre cos libros

Gracia Santórum, Anxo Fernández e unha morea de rapaces e rapazas, todos eles do IES Forcarei, fixeron este divertido vídeo de exaltación dos libros e da  lectura. Aquí volo deixo xunto coa letra da canción que serve de fondo ao vídeo. Copieina do mítico blogue  Trafegando ronseis, obra dos prolíficos Gracia e Anxo. A ambos as nosas gracias e parabéns polo seu continuado e magnífico traballo.



LER NON É CLANDESTINO

Entrar na biblioteca
momentos de pracer
só con coller un libro
para soñar e ler.
Vencidos por un dragón
doutra civilización
buscando asasinos
que mudan a súa pel.
Unha paixón constante
un romance sen final
do amor ser un cativo
antes de te conquistar.
Son un náufrago no mar
Pantasma ou Supermán
mil seres diferentes                 
todos no mesmo lugar.
Entrar na biblioteca
porque sempre quero ler
viaxar mundo distintos
en barco, nave, avión ou tren.
Bosques, ríos a salvar
de caza ou en alta mar
por selvas e desertos
todo iso agochado está.
Eu son libre: con un libro!
Ti es libre: con un libro!
El é libre: con un libro!
A lectura é ideal!
Entrar na biblioteca
quixera non pensar
a mellor das escollas
para se relaxar.
Unha vida e outras cen
sorrisos de papel
todo iso está nos libros
e logo ti por que non les?
Arríscate: colle un libro!
Aventúrate: colle un libro!           
Anímate: colle un libro!
A lectura é ideal!

1 comentario:

  1. Moitísimas grazas por recollelo no voso blogue. Que a lectura se espalle máis cá crise! Saúdos.

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...