9/6/12

A ciencia ficción está de loito

Procedencia da imaxe Washington Post / cartoonaday

 O 6 de xuño o neto do escritor norteamericano Ray Bradbury comunicaba á web de ciencia ficción io9 a noticia da morte do seu insigne avó. Moitos de vós xa coñeceredes a Ray Bradbury, pero outros cónstame que non, así que este pode ser un bo momento para acercarnos á súa persoa e obra. Desta destacan dous títulos: Crónicas marcianas e Farenheit 451. Neste último o escritor nárranos un mundo de pesadelo onde os libros están prohibidos. Polo visto, á xente que os le dáselle por pensar e iso ameaza a felicidade e a paz sociais. Así que os bombeiros teñen como misión non apagar lumes senón encendelos para  queimar neles todos aqueles libros que atopen. Contra este orde social rebélase un grupo de persoas, os homes - libro que se dedican a memorizar libros, cada persoa un libro, se non me lembro mal, para transmitilos oralmente e que non se perdan para sempre.
Menos mal que ese mundo que nos relataba Bradbury non chegou,  e esperemos que non chegue nunca. Porque o que a nós nos gusta, a vós e a min e a moitos máis, é seguir disfrutando dos libros, deses artiluxios subersivos ou non que nos axudan a pensar, a soñar, a rebelarnos, a ter paciencia... e ao que faga falta.

Páxina oficial de Ray Bradbury (en inglés)
Breve reseña da vida e obra de Ray Bradbury en Lecturalia

Procedencia da imaxe Goodreads


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...