Aquí vos presento un sitio de e para amantes dos libros. Chámase El Templo de las mil puertas, unha revista de libros escrita por xente nova para xente nova. Leva publicados sete números, todos en Internet, todos gratuítos e todos en dúas versións que podedes ler online ou descargar nos vosos ordenadores. Nesta revista hai auténticos tesouros para @s amantes dos libros: noticias, reseñas, entrevistas a escritor@s (Care Santos, Stephenie Meyer, Laura Gallego, entre outr@s) reportaxes, enquisas... Interesáronme especialmente dúas reportaxes: as tituladas “Los imprescindibles del 2008” e “El bestseller juvenil”, aparecidas nos números 7 e 4 respectivamente. Interesante tamén o debate sobre “lecturas obrigatorias” do número 7: parece que en xeral, e non sorprendentemente, preferides que vos deixen escoller os libros a que vos impoñan uns títulos determinados. Teremos que tomar nota, logo. Pois veña, amantes da letra impresa, facédelle unha visita ao “templo” desta xente tan apaixoada dos libros, tan traballadora e tan xenerosa. Ben o merecen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario