23/1/09

Lector@s sen fronteiras, pero con pasaporte

Afortunadamente, ler non ten cancelas nin fronteiras, e para viaxar dun libro a outro non precisades máis que as vosas reais gañas . Unha vez dito isto, e para probar que os humanos somos animais contraditorios, paso a invitarvos a que saquedes o voso "pasaporte lector" canto antes. Que é iso? Pois un caderniño no que podedes incluír a relación de tódolos libros que leades, unha cita de cada un e un breve comentario. Alá polo mes de maio, faremos un pequeno concurso e ata repartiremos algún premio que outro entre aqueles que presenten un pasaporte máis lucido. Pasade logo pola biblioteca e recollede os vosos pasaportes, ou ben pedídellos á vosa profesora de lingua, cal queira que esta sexa (tanto a profesora como a lingua).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...