21/1/09
Ler corrompe (ou corrompía)
Leo no na páxina 31 do libro La lectura en España. Informe 2008 un artigo titulado "Los peligros del leer" sobre a condena que nos séculos XVIII e XIX sufriron os libros de esparexemento, eses aos que dedicamos casi enteiramente este blog. Os "expertos" daquel tempo consideraban a afección á lectura deste tipo de libros coma unha especie de enfermidade perigosa, entre outros motivos "porque asociaba a inmobilidade do corpo coa excitación da imaxinación". Claro, deixas a alguén só cun libro e éncheselle a cabeza de elfos, licántropos e vampiros enamorados...
Interesante, e ata ameno, este informe sobre a lectura.Tiven noticia da súa existencia a través do blog de José Antonio Millán Libros y bitios (un dos blogs en castelán máis visitados). O libro está a disposición de quen o queira na seguinte páxina web lalectura.es. Pódese descargar todo xunto ou por capítulos. Advírtovos que é un pequeno tochiño de 364 páxinas, demasiado extenso quizá para lelo na pantalla con comodidade. Claro que tamén podedes solicitar o libro impreso a unha dirección de correo que aparece no blog de José Antonio Millán. Nós esperamos telo dentro de pouco na biblioteca.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario