14/1/09

Máis letras galegas en Internet

A Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes amplía os seus contidos. A partir de agora poderás atopar nela a sección "Biblioteca das letras galegas", dedicada, nin que dicir ten, a autor@s galeg@s, ou a algúns deles (xa sabes, os dereitos de autor e todo iso). Segundo afirma La Voz de Galicia, esta nova sección da Cervantes "nace con vocación de ser o portal do patrimonio literario galego". Non é o único sitio onde podes consultar, ler, escoitar ou descargar libros e documentos en galego e atrévome a dicir que tampouco o máis completo, polo menos de momento. Sen ir máis lonxe, a Biblioteca Virtual Galega, que ten un vínculo permanente neste blog, ofrece un catálogo máis extenso. De calquera xeito, terei que "navegar" o novo portal con máis calma antes de me precipitar a xulgalo. Para empezar, unha recomendación: os arquivos sonoros con poemas de Rosalía de Castro lidos por Marina Mayoral. Déixovos o link a un deles.

Fonte: La Voz de Galicia
A imaxe está sacada do portal da Biblioteca das Letras Galegas

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...