28/10/12

Conta coa ciencia

Procedencia da imaxe



Un breve aviso que teño pendente desde hai unha semana, polo menos. Chéganos noticia da Universidade de Vigo da quinta edición do concurso CQC12 (Ciencia que conta 2012) que premia relatos onde se destaque o papel da ciencia e dos científicos no desenvolvemento económico e de todo tipo. Hai catro categorías:  unha na que pode participar todo quisque (por exemplo, eu) e outras tres reservadas ao alumnado: Primaria, Secundaria e Bacharelato. Informádevos na propia páxina do concurso (A ciencia que conta), onde poderedes descargar as bases e consultar os traballos premiados en anos anteriores. A min só me queda dicirvos que o prazo remata o día 16 de novembro e que o primeiro premio de cada categoría é unha "tablet" (non din cal).

O blog de Educabarrié informa sobre CQC12

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...