25/10/12

Viaxa á Idade Media con Manel Cráneo

O noso admirado Manel Cráneo pon a súa mestría de debuxante ao servizo de  Torre dos Mouros, o proxecto arqueolóxico que pretende recuperar unha fortificación medieval situada na parroquia de Lira, en Carnota. E faino, como non podía ser doutro xeito, cunha banda deseñada na que recrea a vida e as penurias dos torremoureláns do século X. De momento, non temos á nosa disposición máis que as dúas primeiras páxinas da obra de Cráneo,  pero ollo con elas, porque, segundo Manuel Gago (de Capítulo Cero), enganchan "nada máis comezar". Qué nos vai contar a nós, que somos fans de Cráneo de toda a vida.


Procedencia da imaxe


Para máis información: Capítulo Cero, o blog de Manel Cráneo e a páxina do proxecto arqueolóxico "A Torre dos Mouros".

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...