29/10/12

"María Casares" le a María Gripe









Os ilustres (está mal que eu o diga, pero aí queda)  membros do Club de lectura "María Casares" xuntámonos o pasado venres día 26 do corrente mes de outubro ás doce e cuarto da mañá na chamada sala de titorias coa seguinte orde do día:
  • vernos as caras.
  • pillar cada un o seu exemplar da obra de María Gripe "Os escaravellos voan á tardiña".
  • organizarnos un pouco: cantos capítulos lemos, en que tempo, cando nos volvemos a ver e demais. 
  • comer unhas pastiñas, que a mañán é longa e os ánimos frouxean.
  • rogos e preguntas, se procedese (procedeu).
Comprobamos que uns cantos dos alí presentes, mellor dito, unhas cantas, recuncabamos do anos pasado e que outras (vou seguir co feminimo, para contribuir modestamente a que se poña de moda o feminino inclusivo), acabadas de chegar ao instituto, se incorporaban con forza a este club, que aínda sendo selecto onde os haxa, acepta a calquera que goste dos libros e non lle incomode falar deles de cando en vez.. Vinte minutos de recreo non dan para moito, pero chegaron para que todas poidésemos constatar que hai gañas de ler (tamén de comer, todo hai que dicilo) e de poñerse á tarefa canto antes. Algúnhas opinaban que os catro capítulos da obriña de María Gripe, que quedamos en ler antes da próxima reunión, eran pouca cousa, un bocadiño de nada para un apetito lector tamaño XXL. Pero, en fin, quedamos niso, en ler catro capítulos do libro, como mínimo, antes do 8 de novembro, data na que volveremos a nos reunir. Claro que o queira pode seguir adiante lendo ata a ultimísima páxina, con tal de que na seguinte xuntanza non fale máis da conta e nos estropee a intriga, que. Tamén repartimos marcapáxinas, xentileza das bibliotecas municipais de Oleiros, e uns post-its que nos servirán para anotar algún pasaxe, frase, cita, que nos pareza merecedor de pasar á posteridade dixital a bordo dunha presentación que colocaremos en slideshare.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...