15/10/12

Para ir lendo a María Gripe

Permitídeme que enrede algo contándovos as razóns polas cales escollemos a novela de María Gripe  Os escaravellos voan á tardiña como lectura de arranque para un dos clubs de lectura deste curso. Unha desas razóns, pero non a máis importante, é que tiñamos unha pila de exemplares deste libro e iso evítanos  chamadas e viaxes a outras bibliotecas. Agora ben, tamén temos cantidade de exemplares doutros títulos e levamos cursos rexeitándoos para os nosos clubs. Parécenos que é importante escoller ben, que hai moitos libros espanta-lectores mozos, incluso aínda que sexan de calidade, e outros que simplemente non paga a pena ler. Ese non é o caso de Os escaravellos voan á tardiña, libro que recordábamos con agrado as responsables da biblioteca que o lemos hai xa anos. E foi precisamente esta "memoria emocional", se é que tal cousa existe, a razón principal pola que  seleccionamos este título para o noso club. Porque se algo che gusta queres compartilo, ou non? E logo vén o feito de que María Gripe é unha recoñecidísima escritora de literatura xuvenil, gañadora, entre outros premios, do Hans Christian Andersen (algo así como o Premio Nobel da literatura infantil). Precisamente o o blog das Bibliotecas Escolares de Galicia destacaba nun post aparecido en abril de 2007 a calidade literaria e humana de María Gripe, que acababa de falecer  por aquelas datas.

Queda logo claro que María Gripe é unha excelente escritora. Pois ben Os escaravellos voan á tardiña é a súa obra máis lograda. Co voso permiso, volvo a agarrarme a voces autorizadas que me permitan deixar ben claro que paga a pena ler esta novela. Autoridade indiscutible no que atinxe á literatura infantil e xuvenilA revista CLIJ  publicaba hai anos unha extensa reportaxe sobre a obra de María Gripe  na que se subliñaba o carácter universal das obras da escritora sueca, nas que "historias e personaxes non entenden de diferencias culturais, polo que o lector das súas novelas séntese plenamente reflectido nelas e identificado cos seus plantexamentos". Con respecto a Os escaravellos voan á tardiña, CLIJ cóntanos o seguinte:
A partir de 1980, María Gripe se arriesga con un nuevo género por el que siempre se había sentido atraída: la novela de misterio. Con su aproximación a la literatura de suspense, la escritora consigue atraer al sector juvenil, ya que este género es sin duda el más adecuado para despertar en el adolescente el interés por la lectura.
A esta época pertenece uno de sus libros más alabados Los escarabajos vuelan al atardecer (1979), que todavía hoy continúa siendo reeditado y ha alcanzado las cuarenta y cuatro ediciones en España. David, Annika y Jonás son tres jóvenes amigos que pasan las vacaciones de verano cuidando las plantas de una misteriosa finca que guarda enigmáticos secretos. A través de la identificación de cada uno de los tres protagonistas con una parte del misterio, el lector se acerca a su mundo interior y descubre sus caracteres y personalidades. Y es que el misterio proporciona en esta ocasión a la autora un pretexto con el que continuar desmenuzando las relaciones humanas, el amor e incluso el papel de la mujer en la sociedad del siglo xix.
E para que vaiades comprobando por vós mesmos  a exactitude e verdade de todo o antes dito, aconséllovos clicar no seguinte enlace:

Primeiro capítulo, en castelán, da obra de María Gripe Los escarabajos vuelan al atardecer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...