20/12/12

Estamos en Pinterest




Como reza o título deste post, a biblioteca do María Casares acaba de abrir conta en Pinterest, seguindo os pasos que nos marcan bibliotecas públicas punteiras, como as  municipais de A Coruña, que teñen unha páxina pinteresteira que namora. No noso caso, rógovos que teñades en conta que acabamos de chegar a esta rede social e que polo tanto estamos explorando o terreo, montando a tenda, como quen di e, aínda que de momento todo o manexo de Pinterest parécenos doado, estamos atopando algúns problemiñas do tipo "texto que se superpón", "imaxes que non aparecen", "suscripcións non desexadas" e outras minucias que intentaremos ir resolvendo pouco a pouco.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...