12/12/12

Seres "libris" en acción

Enterámonos a través do blog Hora de ler da existencia dun fermoso vídeo que  Illa Bufarda presentou en Culturgal hai uns días. Veredes, se o voso navegador volo permite (aviso que eu tiven deixar o meu querido Mozilla, que non estaba pola labor, por outro navegador menos quisquilloso), veredes, repito, que o ser libris é un especimen que se cría na súa casa e logo desenvólvese e medra que dá gusto ao calor das bibliotecas. Por sorte, o "ser libris" está lonxe de ser "rara avis", eu diría que se trata máis ben dunha  especie en vías de expansión. Ou non tendes visto vós, seres libris onde os haxa, a outros seres libris coma vós e coma os que aparecen no vídeo devorando sagas e triloxías en todo sitio e en calquera ocasión?

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...