3/12/12

Teatro para ler

A Blanca Portillo  concedéronlle hai pouco o Premio Nacional de Teatro 2012. Ao equipo da biblioteca pareceunos merecidísimo o premio de Blanca e unha ocasión que nin pintada para lembrarvos que o teatro tamén se pode ler; é máis, hai quen prefire lelo a contemplalo (non é o meu caso, aínda que hai representacións marabillosas e outras que dan noxo). O caso é que, aproveitando a ocasión, montamos unha pequena exposición bibliográfica con algunhas das obras que  Blanca Portillo representou recentemente. Sen ir máis lonxe, na foto que vos adxunto, aparece no papel de Segismundo, o protagonista de La vida es sueño, de Pedro Calderón de la Barca, papel que Blanca Portillo interpreta maxistralmente, segundo sinalou a crítica teatral. Esta obra estase representado na actualidade, e ata o día 16 de decembro, no Teatro Pavón de Madrid, pero desgraciadamente as localidades están esgotadas. Logo a Compañía Nacional de Teatro Clásico pensa levar esta mesma obra a moitos lugares de España e América. Haberá que estar alerta para non perder a ocasión de ver unha obra clásica e unha interpretación de primeira. Pero se, como antes vos dicía, preferides ler teatro antes que velo, alá vos: pasádevos pola biblioteca, collede unha das moitas obras teatrais que albergan os nosos estantes e disfrutádea.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...