A noticia na edición dixital (non inclúe a cita que vos copiei, que só aparece na edición impresa):
12/12/12
Para que serve ler por placer
La Voz de Galicia de hoxe, día 12 de decembro dun 2012 que pronto vai ser pasado, publica na páxina 27 as conclusións ás que chegaron os expertos que elaboraron os informes Pirls e Timss sobre as habilidades dos escolares españois de cuarto de ESO en matemáticas, lectura e ciencias. Conclusións que son moi pouco satisfactorias, por certo, xa que deixan aos rapaces e rapazas de 9 anos deste país por debaixo do nivel da Unión Europea en todas as capacidades examinadas. As explicacións do porqué desta situación seguramente son complexas e fixo que nos próximos días e meses leremos diagnósticos variados sobre este tema. Pero a min interéresame destacar unha clave que apuntan os propios expertos que elaboraron os informes dos que estou falando e que menciona La Voz de Galicia no último parágrafo da noticia . Refírome á importancia decisiva que ten a lectura por pracer nos bos resultados académicos. Esa lectura, afirman os expertos, "marca muchas veces la diferencia". Así que xa o sabedes, ler por pracer pode ser un bo entrenamento para ter éxito nos estudos.
A noticia na edición dixital (non inclúe a cita que vos copiei, que só aparece na edición impresa):
A noticia na edición dixital (non inclúe a cita que vos copiei, que só aparece na edición impresa):

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario