21/12/12

Recomendamos "Lecturas para ilusionar"

Lemos nestes días moreas de recomendacións de libros, discos e películas que nos poden servir de entretenemento ou agasallo nestas festas do Nadal e Reis. De entre elas destacamos a guía Lecturas para ilusionar, publicada polas bibliotecas municipais de Oleiros. E facémolo por varias razóns. Unha, pola amplitude e variedade   de títulos que ofrece a guía: é difícil que non atopedes nela algo que vos inspire. E outra, pola accesibilidade: todos os títulos que recolle están á vosa disposición nas bibliotecas municipais de Oleiros e pódense levar en préstamo. Algúns tamén os temos na biblioteca do instituto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...