29/11/12

"Miguel Hernández" no Teatro Colón

Procedencia da imaxe




Mónica Martínez Lema, xefa de prensa do  Teatro Colón mándanos un correo eléctronico no que nos chama a atención sobre as dúas magníficas obras que este fin de semana se representarán no escenario da sala coruñesa:

 O venres 30 ás 20.30 horas Teatro Meridional presenta Miguel Hernández, unha marabillosa montaxe sobre a obra e a vida do poeta de Orihuela. E o domingo 2 ás 20.30 horas Juanjo Puigcorbé e Pere Ponce protagonizan Si supiera cantar, me salvaría. El Crítico, teatro dentro do teatro a partir dun texto de Juan Mayorga.
Recórdanos Mónica Martínez que o alumnado de bacharelato ten un desconto do 10% e que as entradas se poden sacar  "a través da páxina web do teatro www.teatrocolon.es, en www.servinova.com. No quiosco da Praza de Ourense, en horario de luns a venres de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 e tamén na sede do Centro Sociocultural Novacaixagalicia, no Cantón Grande 21/23, de luns a sábado, 9.00 a 21.00 horas.Ademais, no despacho de billetes do propio teatro o mesmo día do espectáculo de 12.00 a 14.00 e de 17.00 a peche."

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...