No segundo recreo do venres día 23 deste mes de novembro inauguramos un monumento vexetal na entrada do noso instituto en conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. No acto, Andrea e Asier, alumnos de 4º B, leron un manifesto no nome de toda a comunidade educativa no que esta deixaba claro seu compromiso coa loita en contra da violencia de xénero. Antes, alumnas e alumnos de 4º de ESO asistiran a uns obradoiros organizados polo concello nos que reflexionaron sobre a desigualdade entre homes e mulleres, os comportamentos violentos de distintos tipos e intensidade, algunhas manifestacións culturais que refrendan o maltrato sobre as mulleres, etc.
Todos estes actos promoveunos o concello de Oleiros e a vicedirección do centro e contaron coa colaboración do alumnado de 4º de ESO e o equipo da biblioteca.
No hay comentarios:
Publicar un comentario