21/11/12

Libros libres




Puxemos   en marcha un novo  recuncho que pretende acercar os libros a aquela xente que vén máis ben pouco pola biblioteca. Xa coñeces o dito ese que reza: "Se Mahoma non vai á montaña, vai a montaña a Mahoma" . Pois ben, os libros sáenche ao paso xusto na entrada do salón de actos, onde, repito, acabamos de montar (quedan algúns detalles do humilde atrezzo, pero o máis importante xa está onde ten que estar) o Recuncho dos Libros Libres. Trátase dun espacio dedicado ao intercambio de libros, onde podes coller e levar para casa calquera dos libros que alí se expoñen, sen necesidade de tarxeta nin rexistro de ningún tipo. E logo de lelo, podes quedar con el ou  devolvelo ao mesmo sitio, iso xa é asunto teu.
 Claro que nos encantaría que de vez en cando contribuíses a manter viva esta pequena biblioteca aportando algún libro que teñas durmindo nun estante (ou incluso no trasteiro!) e que non che importase ceder para que outros o lean.

Acércate logo ao Recuncho dos Libros Libres e fai que os libros circulen!






No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...