7/11/12

"Sorgo rojo", de Mo Yan, chega á nosa biblioteca

Procedencia da imaxe
 Hoxe mesmo, así que remate de escribir este previsiblemente breve post, vai quedar colocado no correspondente estante "Sorgo rojo" (apunta: 821.OU / MO / sor), de Mo Yan, o escritor chino premio Nobel de Literatura 2012. Trátase dunha novela de temática á vez china e universal (lembrádevos de que no post anterior citabamos a Faulkner, García Márquez e Tolstoi, nada menos, como tres escritores que influíron moito na obra de Mo Yan). En "Sorgo rojo", como na obra do xenial Tolstoi, temos guerra e temos paz : "el sorgo, utilizado como ingrediente de un potente vino, era en tiempos de paz centro y símbolo de la vida campesina. En tiempos de guerra, se convierte en el centro de la lucha por la supervivencia" (copiado da contraportada). Temos tamén amores "a contracorrente": "Mo Yan seduce al lector con las desventuras del comandante Yu Zhan'ao y de su joven amante, una chica obligada a casarse con el hombre que su padre ha dispuesto, un viejo leproso muy rico que posee una destilería". En fin, 514 páxinas que corro a colocar no seu sitio para que as disfrutedes . Aviso: non  levo eu mesma este libro porque agora  estou  lendo a tres bandas ("Os escaravellos voan á tardiña", de María Gripe, "From dawn to decadence", de Barzun, e un libro de viaxes de Javier Reverte de cuxo título non me lembro agora mesmo), pero así que vexa que dispoño dun oco, pillo "Sorgo rojo". Se non o levastes vós antes, of course.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...