As escasas pero decididas integrantes do club de lectura "María Casares. Nivel 2" rexeitaron en recente reunión do xoves día 22 a lectura de "
La isla de Bowen", de
César Mallorquí, que era, como lembrarán os improbables lectores deste blog, a proposta do equipo da biblioteca. No seu lugar optaron por ler
"O curioso incidente do can a media noite", escrito polo británico
Mark Haddon e traducido ao galego por
Moisés Barcia. Excelente elección, penso eu, á que lle poño só unha pequena pega: que eu, tamén membro do club, xa o lin. Pega pequena, insisto, porque "O curioso incidente..." é unha obriña das que se relén con gusto. Bótalle unha ollada á seguinte reseña que copio do sitio web de
Rinoceronte Editora e se ves que te comprace, non dubides en unirte ao club.
Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais de todos os países do mundo e os números primos ata o 7.507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas. Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino. Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar a súa vida metódica e ordenada.
 |
Mark Haddon |
|
|
Procedencia das imaxes
No hay comentarios:
Publicar un comentario