Leva xa un tempo aparcado na biblioteca un carriño tipo hipermercado cheo de novelas, cómics, revistas e dvds varios. Deixámolo aí para que unha man amiga (dos libros), a dunha profesora ou profesor, o arranque e o acerque ás aulas nas horas de garda, de atención educativa ou cando o considere oportuno. Así, durante os cincuenta minutos que duran as clases podedes ler, follear, escoitar ou contemplar, segundo sexan as vosas preferencias, o contido do carro.Agora ben, se queredes levar para a casa algún dos libros ou dvds do carriño (as revistas xa sabedes que non se poden sacar do centro), tendes que pasar pola biblioteca para formalizar o préstamo. A continuación, unha proba gráfica de que canto digo é certo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario