23/4/13

Así celebramos o "Día do Libro" no IES María Casares

Temos que recoñecer que non fomos orixinais en absoluto nas nosas actividades do "Día do Libro", pero iso tanto nos tén porque cando se trata de seguir bos exemplos, e deses hai moitos nas bibliotecas escolares e municipais galegas, tiramos para adiante a toda máquina. Agora ben, a cada un o seu, e para iso temos un blog: para darlle o mérito a quen o merece. Imos por partes:

Intercambio de libros. Chamámoslle "Deixaprén, bookcrossing á galega ", título que tampouco se nos ocorreu a nós, senón que o vimos (e encantounos)  no blog Hora de ler  para unha actividade desenvolvida No CEIP Frián-Teis, de Vigo.

Manifestación lectora. Esta actividade estivo calcadiña das "manifestacións lectoras" que se veñen celebrando onda o Obelisco, no Cantón Grande de A Coruña, desde hai uns anos patrocinadas polas bibliotecas municipais coruñesas.

Formación de usuarios. Alumnos e alumnas de primeiro de ESO acudiron á biblioteca a completar a súa formación como usuarios. Aquí si que seguimos un guión propio elaborado polo equipo da biblioteca hai uns anos.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...