4/4/13

Shakespeare para ignorantes

Permitídeme que vos informe de que alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudirán a unha representación a cargo do dúo Mofa e Befa da obra de Quico Cadaval Shakespeare para ignorantes, que terá lugar o día 23 de abril ás 12 da mañá no teatro Colón da Coruña (ollo, porque hai outro teatro Colón en Bos Aires e non vaia a ser que nos despistemos e acabemos vagando polas rúas da fermosa capital arxentina). Seguro que os participantes nesta actividade disfrutarán e se ilustrarán contemplando escenas de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Rei Lear”, “Hamlet”, “Xulio Cesar”, “Romeu e Xulieta”, “Otelo”, “Como gostades”, “Cimbelino” e “Medida por medida”, todas elas obras destacadas do xenial Shakespeare.
Teño que dicir, para rematar, que esta actividade organízaa o equipo da biblioteca e subvenciónaa a ANPA.
Máis información sobre Shakespeare para ignorantes.
Crítica de  Shakespeare para ignorantes no diario El País.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...