11/4/13

En abril, chuvia de discos

Máis que chuvia, chuvia, o que se di chuvia, teriamos que falar dunha chuvascada pequena, ou dun certo poallo (consulta aquí as máis de 70 palabras con que os galegos podemos nomear a choiva, ese "engorro" meteorolóxico que este ano parece decidido a non deixarnos). Falo, a todo isto, das novidades que se incorporan neste  mes de abril do 2013 á nosa biblioteca e que acabo de rexistrar nun taboleiro ad hoc do Pinterest. Non son moitos títulos, non temos cartos para máis, pero están ben escollidos, non si? A imaxe que segue recolle só unha mostra das novas adquisicións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...