6/3/12

As librarías máis bonitas do mundo




Procedencia das imaxes





Hoxe os libros podemos mercalos na libraría do noso pobo, caso de que a haxa, ou en Internet, se nos peta. En calquera  dos dous casos a operación de mercar libros cerrarase de xeito cómodo e eficaz. Agora ben, hai polo mundo adiante librarías que quitan o hipo, que paga a pena visitar aínda que teñas cubertas as túas necesidades lectoras para os próximos dez anos e non precises mercar ningún título (aínda que non estaría nada mal que fixeramos un esforzo económico para contribuír a que estas marabillas se manteñan abertas). Así que, se visitades calquera das cidades da lista que vos darei a continuación, non deixedes de pasar por estas librarías-palacio. Sen ir máis lonxe, unha das fotos que ilustra este post representa precisamente unha libraría maxestuosíma, preciosa onde as haxa, e que nos queda ben cerca. Trátase da Livraria Lello, en Oporto. Como quen di, aí ao lado.


Listaxe das librarías máis bonitas do mundo, segundo Flavorwire


Vía: The Presurfer

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...