20/3/12

Do 26 ao 30 de marzo: semana máis cultural e solidaria, se cabe



Neste instituto imos dedicar a semana que vén a ler e a estudar, como sempre, pero reservando esta vez un tempo e un  espazo extras para a tan necesaria solidariedade con aqueles membros da familia humana máis desfavorecidos. Alumnos e alumnas participarán nunhas cantas actividades que teñen como principal finalidade a cooperación con destacadas organizacións non gobernamentais  (Mundo Cooperante, Save the Children, Paideia) para tomar nota das súas actuacións e  exemplo do seu compromiso ético. E intentaremos todos colaborar, na medida das  posibilidades de cada quen, nalgúns dos proxectos solidarios que estas entidades están desenvolvendo na actualidade. Teño diante de min o papel impreso co programa de actos pero,  se me permitides, vou esperar a chegar á casa, e desde o meu escáner particular, fago  unha copia  e logo súboa a este blog. De momento, non me é posible: o escáner da biblioteca empéñase en non funcionar e non hai maneira de convencelo, ou eu non a coñezo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...