24/3/12

Desde primeiro de ESO e para o mundo: "haikus primaverais"

Esta semana alumnos e alumnas de 1º de ESO celebraron o Día  Mundial da Poesía como é debido, non festexándoo un só día, que iso non chega para nada, senón como se fai na miña terra, onde practicamos aquelo de que "se é festa son tres días" (polo menos). O caso é que quen máis quen menos compuxo uns sinxelos haikus, buscoulle unha imaxe libre de dereitos de autor por Intenet e argallou unha pequena presentación en Impress empregando os ordenadores do Abalar. Logo xuntamos nun só arquivo unhas cantas desas presentacións individuais e subímolas a slideshare. E, para rematar, vou eu e tráioas todas aquí. Todas, pero por partes. As que hoxe vos mostro son de Paula, Guillermo, Juan e Jorge Rodríguez Rivera, de 1º C. Mañán ou pasado, máis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...