6/3/12

Citando a Gerald Durrell

procedencia da imaxe

Amigos e amigas do club de lectura, vou propoñervos un pequeno traballo sobre  o libro "Mi familia y otros animales". Para empezar, trátase de ler amodiño, poñer un post it marcando un pasaxe que nos pareza atractivo por distintas razóns: xa sexa porque estea ben redactado, ou porque evoque cores e ulidos intensos, ou escenarios despampanantes (hai unha pila destes pasaxes no libro de Durrell!), ou porque resulte gracioso, que tamén disto hai moito ao longo do libro. Logo seleccionamos un cantos destes pasaxes e facemos unha presentación. Despois subímola a Internet e por último publicámola neste blog. Fixen unha diapositiva para que vos sirva de mostra. Ten algún  defectiño, pero serve para arrancar.
A todo isto, teremos de aquí a nada preparados para vós taquiños con post its de cores. Non vos esquezades de pedir o voso na biblioteca!

Unha mostra inspirada e inspiradora do traballo que vos estou propoñendo agora é esta feita pola profesora Lourdes Domenech e os seus alumnos e alumnas: Al hilo de la lectura: Días de Reyes Magos

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...