A ONU quixo hai corenta e tres anos e segue querendo hoxe que nos deamos conta de que é moi necesario coidar e respectar o planeta en que vivimos. Por esa razón proclamou o 22 de abril como o "Día da Terra", para que nos lembremos desa necesidade e a teñamos en conta o resto do ano. Así que hoxe, en todo o mundo, millóns de persoas estarán participando en distintas actividades e porán de manifesto o seu compromiso co coidado do noso planeta. Sen ir máis lonxe, Google publicou hoxe un doodle conmemorativo, que podedes ver na páxina deste buscador (que era de nós cando non había Google?). E os alumnos e alumnas de 1º de ESO deste centro deixaron a un lado os libros de texto e participaron con entusiasmo nunha actividade promovida polo departamento de Ciencias Naturais e o concello de Oleiros. Así que durante unha mañán rapaces e rapazas dedicáronse a preparar primeiro e a sementar despois plantiñas, coas que pretenden rexenerar a flora autóctona dos cantís de Santa Cruz. Certo que todo isto non o fixeron hoxe senón o xoves da semana pasada, día 18, pero non cabe dúbida de que gracias a eles a Terra lucía un chisquiño máis bonita no día da súa festa.
22/4/13
Pido a paz e a palabra
Déixovos hoxe aquí unha mostra do ben facer dos rapaces e rapazas de terceiro e cuarto de ESO que, guiados por Pilar e Marisa, elaboraron con moito esmero e dedicación este podcast no que recitan unha selección de poemas en louvanza da paz e censura da guerra. Noraboa a tod@s el@s.
11/4/13
Ler para ser feliz
"Lee más, sé feliz" é a consigna que este vídeo nos lanza. Pola miña parte, penso seguila ao pé da letra.
Máis vídeos sobre animación á lectura: Litteratum
Vía: twitter da Revista Babar
Máis vídeos sobre animación á lectura: Litteratum
Vía: twitter da Revista Babar
En abril, chuvia de discos
Máis que chuvia, chuvia, o que se di chuvia, teriamos que falar dunha chuvascada pequena, ou dun certo poallo (consulta aquí as máis de 70 palabras con que os galegos podemos nomear a choiva, ese "engorro" meteorolóxico que este ano parece decidido a non deixarnos). Falo, a todo isto, das novidades que se incorporan neste mes de abril do 2013 á nosa biblioteca e que acabo de rexistrar nun taboleiro ad hoc do Pinterest. Non son moitos títulos, non temos cartos para máis, pero están ben escollidos, non si? A imaxe que segue recolle só unha mostra das novas adquisicións.
10/4/13
Folksongs & ballads
Música e imaxes forman unha parella de primeira categoría neste vídeo de Mathieu Vernerie, Pauline Defachelles and Rémy Paul. É un pouco máis longo do que preferimos neste blog, pero paga a pena velo e ouvilo.
Vía: The Presurfer
Vía: The Presurfer
8/4/13
Muñoz Molina e Juan José Millás no recuncho dos libros libres
Antonio Muñoz Molina e Juan José Millás aportan ao Recuncho dos libros libres dúas das súa obras máis destacadas: El invierno en Lisboa, o primeiro e El desorden de tu nombre, o segundo . Se che interesan este libros, podes recollelos sen máis no Recuncho dos libros libres, á dereita da entrada do salón de actos, a carón do recuncho de poesía.
A continuación a sinopsis de El desorden de tu nombre da editorial Alfaguara
E a continuación, unha parte da reseña de El invierno en Lisboa, de Lecturalia.
A continuación a sinopsis de El desorden de tu nombre da editorial Alfaguara
Cuando Julio Orgaz, ejecutivo de una empresa editorial, sale cada martes y viernes de la consulta del psicoanalista, encuentra en el parque a Laura, mujer casada que le atrae inexplicablemente y de la que en poco tiempo se enamora. Pero la mirada de Julio descubre a veces, en el rostro de Laura, los rasgos de otra mujer a la que amó.
En El desorden de tu nombre, el autor juega hábilmente con las líneas invisibles entre realidad y ficción a la vez que hace gala de una escritura prodigiosamente original y de una penetración psicológica desvergonzada en sus reveladores aciertos. Un libro seductor y gozoso, un clásico de Juan José Millás
![]() |
| procedencia da imaxe |
E a continuación, unha parte da reseña de El invierno en Lisboa, de Lecturalia.
Esta historia es un homenaje al cine «negro» americano y a los tugurios en donde los grandes músicos inventaron el jazz, una evocación de las pasiones amorosas que discurren en el torbellino del mundo y el resultado de la fascinación por la intriga que enmascara los motivos del crimen.
Entre Lisboa, Madrid y San Sebastián, la inspiración musical del jazz envuelve una historia de amor. El pianista Santiago Biralbo se enamora de Lucrecia y son perseguidos por su marido, Bruce Malcolm.
Mientras, un cuadro de Cézanne también desaparece y Toussaints Morton, procedente de Angola y patrocinador de una organización ultraderechista, traficante de cuadros y libros antiguos, participa en la persecución. La intriga criminal se enreda siguiendo un ritmo meticuloso e infalible.
4/4/13
Shakespeare para ignorantes
Permitídeme que vos informe de que alumnos e alumnas de 1º de bacharelato acudirán a unha representación a cargo do dúo Mofa e Befa da obra de Quico Cadaval Shakespeare para ignorantes, que terá lugar o día 23 de abril ás 12 da mañá no teatro Colón da Coruña (ollo, porque hai outro teatro Colón en Bos Aires e non vaia a ser que nos despistemos e acabemos vagando polas rúas da fermosa capital arxentina). Seguro que os participantes nesta actividade disfrutarán e se ilustrarán contemplando escenas de “MacBeth”, “Ricardo III”, “Pericles, príncipe de Tiro”, “Rei Lear”,
“Hamlet”, “Xulio Cesar”, “Romeu e Xulieta”, “Otelo”, “Como gostades”,
“Cimbelino” e “Medida por medida”, todas elas obras destacadas do xenial Shakespeare.
Teño que dicir, para rematar, que esta actividade organízaa o equipo da biblioteca e subvenciónaa a ANPA.
Máis información sobre Shakespeare para ignorantes.
Crítica de Shakespeare para ignorantes no diario El País.
Teño que dicir, para rematar, que esta actividade organízaa o equipo da biblioteca e subvenciónaa a ANPA.
Máis información sobre Shakespeare para ignorantes.
Crítica de Shakespeare para ignorantes no diario El País.
22/3/13
O club de lectura quere a Moccia
O club de lectura reuniuse cunha semana de retraso por aquilo dos exames, entrega de traballos e demais minucias que amenizan a vida dos seus integrantes. Falamos de Laura Gallego, de "La emperatriz de los etéreos", de "Dos velas para el diablo" e do que nos apetece ler no terceiro trimestre. A que isto escribe propuxo unha incursión na literatura de humor e deixou caer algúns títulos ("Pobre Manolito", a serie de Guillermo, "El candor del padre Brown"...), que non foron moi ben acollidos, a verdade. Parece que o amor (e Federico Moccia, I'm afraid) ten máis seguidores entusiastas neste instituto. Seguiremos con este tema á volta de vacacións. Tamén importante: ademais de falar de libros, repartimos uns caderniños e comemos unhas galletas.
Benvida, poesía
Conste que neste centro somos juanramonianos ata os osos niso de que "amor y poesía, cada día", pero imos conceder que hoxe, 21 de marzo, día mundial da poesia, correspóndelle a esta forma de arte un espazo maior na nosa axenda. Para empezar, temos unha exposición bibliográfica con poemas e libros de poesía que podedes visitar, tocar e incluso levar para ler na casa, se vos praze. Rapaces e rapazas de 4º está elaborando caligramas, e os de primeiro haikus, cos que pensamos montar outra exposición á volta de vacacións. Nesas datas contamos tamén con dar a coñecer unha nova gravación dun recital de poesía que titulamos "Pido a paz e apalabra" que os artistas de 4º e o equipo da biblioteca andan a elaborar estes días. Con todo isto, esperámovos á volta de Semana Santa. Mentres tanto, pasade unhas felices vacacións.
19/3/13
Unha flor "explicada" é menos bonita?
Sodes dos que credes que a ciencia destrúe a beleza e o encanto da natureza? Se é así, sabede que contades con ilustres predecesores: o poeta John Keats (1775-1821), por exemplo, que no seu tempo acusou a Isaac Newton de chafar a beleza do arco iris coa súa explicación científica das luces e cores que conforman este fermoso fenómeno óptico. Moito máis recente é a controversia entre o famoso Richard Feynman e un artista amigo seu acerca do mesmo tema, é dicir, de quen obtén un maior gozo da beleza, o artista ou o científico. Feynman defendía, nunha entrevista que concedeu á BBC, a superioridade da, digamos,"sensibilidade científica", capaz de ir máis aló da aparencia e marabillarse coa complexidade e harmonía interior de cada obxecto. Dunha flor, por exemplo. Logo apareceu Fraser Davidson e compuxo un moi fermoso vídeo inspirado na resposta de Feynman. A Manuel Gago, o autor de Capítulo 0, blog de onde tomo esta información, o tal vídeo parécelle unha xoia de visualización científica. A min tamén. Por iso o poño aquí.
Lede máis detalles sobre esta cuestión e a transcipción dun fragmento das declaracións de Richard Feynman no blog Capítulo 0.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





