Grazas a unha iniciativa das bibliotecas municipais de Oleiros, loadas sexan, os alumnos e alumnas de 1º e 2º de bacharelato asistiron, os primeiros o día 21 e os outros o 22, a unha dramatización de varias pasaxes de "Don Quijote" a cargo da actriz Soledad Felloza. Viñeron encantados de contemplar a actuación desta artista e contando marabillas da súa capacidade para insuflarlle vida e enerxía aos xa de por si enérxicos personaxes femeninos que poboan a obra de Cervantes. Neste blogue queremos agradecerlles ás bibliotecas municipais a súa iniciativa e manifestar o noso desexo de que teñan moitas como esta.
A noticia no blogue das bibliotecas do concello de Oleiros
No hay comentarios:
Publicar un comentario