15/3/11

Mulleres que gañaron o Premio Nobel de Literatura

X. M. Lores, do  IES San Paio, comunícanos por correo electrónico que acaba de publicar en Internet un traballo acerca das mulleres que gañaron o Premio Nobel de Literatura. Trátase dunha "liña do tempo" na que se citan por orde cronolóxica (a ver que outra orde se  ía seguir, tratándose dunha liña do tempo) os nomes de todas as escritoras que conseguiron o moi prestixioso premio sueco, empezando por Selma Lagerlof , galardonada en 1909, e rematando por Doris Lessing, premiada en 2007. Premendo en cada sección da liña cronolóxica atoparedes máis información sobre as escritoras e unha ligazón para máis saber. Excelente traballo, moi didáctico  e aproveitable para distintas clases. Dámoslle as grazas a X. M. Lores por permitirnos compartilo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...