29/3/11

Lugares propicios á lectura



Entérome por dúas vías distintas, o blogue das Bibliotecas escolares de Galicia e El  blog de libros y bitios, de sendas iniciativas relacionadas cos espazos nos que lemos. Gústame especialmente a que refire o noso blogue mestre. Levárona adiante no CEIP O Ramo, de Fene e consiste na decoración e posta a punto recuncho moi acolledor, como podedes ver na imaxe, pensado para que os pais e nais que acoden ao centro poidan ler mentras agardan pola correspondente entrevista ou o que sexa que veñen facer ao centro. Isto é o que se chama unha idea exportable. Tomemos nota

A outra iniciativa é simpática e desenfadada. Tráea a Fundación Germán Sánchez Ruipérez e consiste na creación dunha páxina web  a onde podes mandar a foto do teu lugar de lectura habitual ou favorito. A páxina titúlase Dónde lees tú e escuso dicirvos que contén fotografías moi variadas, dende a previsible "taza" do váter ata bucólicos cornechos con árbores, flores e  paxariños. A foto que está tomada  no aeroporto de Berlín, lugar nada bucólico, pero bastante propicio á lectura, polo que se ve.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...