Acércase a data do Día das Letras Galegas, que este ano honra a memoria de Lois Pereiro, e penso eu que xa vai sendo hora de que lle dediquemos no noso blogue algún que outro post á figura deste celebrado poeta. Empezaremos por un repaso da súa corta vida e obra aproveitando un magnífico LIM que xentilmente pon á nosa disposición Xoaquín Freixeiro, da biblioteca do CEIP Conde de Fenosa, no Barco de Valdeorras (gracias Xoaquín, a ti e a todos os que participastes na elaboración deste excelente traballo). Non me foi posible inserir o libro neste blogue por cuestións técnicas que non puiden ou souben resolver. Pero importa ben pouco, porque o LIM verase en todo o seu esplendor clicando no seguinte link: Lois Pereiro. Letras Galegas 2001
No hay comentarios:
Publicar un comentario