7/2/12

Charles Dickens cumpre 200 anos


Tal día como hoxe nacía hai douscentos anos o prolífico escritor inglés Charles Dickens, autor de obras tan coñecidas como "Conto do Nadal" ou "Oliver Twist". A vida deste xenial escritor foi un exemplo de traballo e determinación desde que con doce anos se puxo a traballar nunha fábrica de betúns ata que se consagrou como escritor de enorme e éxito e popularidade (acabo de ler non sei onde que foi a persoa inglesa máis retratada do século XIX, despois da familia real, of course). Non vos dou máis detalles da vida deste importante escritor porque os podedes atopar en multitude de sitios (éste, por exemplo: Curiosidades que desconoces sobre Charles Dickens). Só quero, se me permitides, lembrar aquí unha faceta da vida deste gran escritor que me parece digna de admiración: a súa enorme solidariedade e compaixón polos máis desfavorecidos, especialmente polos nenos pobres ou orfos, os cales, tal como lle pasara a el mesmo, se vían daquela obrigados a traballar horas e horas en condicións penosas a cambio dunha mísera paga. Dickens denunciou unha e outra vez estas tremendas inxustizas: o desvalemento dos pobres, a codicia e dureza de corazón dos poderosos, a explotación infantil, son motivos que aparecen constantemente nas súas obras. E hai quen di (e eu créoo) que esta constante actuación en favor dos dos máis desfavorecidos, unida á inmensa popularidade que alcanzou o escritor, contribuíu enormemente a que se aprobasen leis e medidas que melloraron aquela triste situación.

En primeiro de ESO imos homenaxear a Charles Dickens, léndoo, como non podía ser doutro xeito, e contemplando unha escena da película de Roman Polanski "Oliver Twist". E invítovos a que fagades outro tanto. Inclúo ademais nesta entrada un artigo de César Casal sobre Dickens e unha das súas obras máis famosas, "Grandes  Esperanzas". É breve, ameno e paga a pena lelo.

link  post de la caracola "Oliver Twist pide más comida"
Grandes esperanzas de Dickens, artigo de César Casal, publicado en La Voz de Galicia

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...