1/2/12

Se amas os libros, gustarache este vídeo


The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore from Moonbot Studios on Vimeo.

The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore é un dos candidatos ao Oscar que este ano premiará ao suposto mellor corto animado gravado no 2011.
Open Culture, de onde saco esta información, describe este vídeo como "un tributo moderno a un mundo antigo porque, segundo afirman, "rende unha homenaxe a unha era xa pasada onde os libros impresos, de elegante e coidada edición, poboaban o noso mundo". Afortunadamente para nós esa era non está totalmente pasada. Sen ir máis lonxe, botádelle unha ollada aos anaqueis  da biblioteca e veredes que aínda nos quedan moitos espécimes deses: libros de formato grande, encadernación en cartoné, papel satinado, ilustrados con debuxos e fotografías a toda cor, incluso  troquelados, con pestaniñas e elemento móbiles do máis divertido (non só para os pequenos). Agora ben, ningún voa, tanto non lles pidades. Pero todos entreteñen, ensina ou fan soñar, por citar só unhas cantas das súas múltiples habilidades.
Ficha completa de The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmore en filmaffinity.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...