9/2/12

Matmonologade con TETRACTIS, se vos prace




Reproduzo a continuación a entrada do blogue das Bibliotecas Escolares de Galicia que nos recorda que xa está aberta a quinta convocatoria do concurso de Matmonólogos que promove o IES Monelos e TETRACTIS, o seu boletín de divulgación matemática. Aínda que non teñades intención de concursar, recoméndovos que leades os matmonólogos finalistas da cuarta convocatoria, especialmente o titulado Polígono de la Grela: área y perímetro, escrito por Carolina Iglesias Mosquera, alumna do noso centro. E se vos apetece concursar, lembrade que contades coa asistencia do persoal da biblioteca para calquera tipo de asesoramento.
O IES Monelos (A Coruña) e o boletín de divulgación matermática TETRACTIS, convocan o V CERTAME DE MATMONÓLOGOS, en convocatoria aberta, con distintas categorías. Poderán participar alumnos e alumnas de primaria, secundaria, bacharelato, e persoas en xeral maiores de 18 anos. Os participantes presentarán un guión cunha extensión máxima de mil palabras, en galego ou castelán. O prazo de presentación, que se fará no propio IES Monelos ou a través de correo postal, remata o 2 de maio de 2012. O 15 de maio será o acto para a defense dos monólogos, ben polo autor ou ben por un alumno do IES. As bases desta interesante iniciativa pode verse AQUÍ.
No boletín TETRACTIS podemos ver os resultados do certame anterior e coñecer os guións que foran premiados en 2011.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...