11/2/12

Que ler en marzo



Amigas e amigos do Club de lectura María Casares, prometinvos nunha pasada reunión que ía publicar unha enquisa neste humilde blog para escoller que libro vai sustituír a La isla de los delfines azules. E se eu prometo algo, hai algunhas posibilidades de que se me vaia o santo ao ceo, é unha  boa e dolorosa verdade, pero ás veces non, as veces lémbrome. Como esta, por exemplo. Porque non só teño xa publicada a  mencionada enquisa senón que, ademais, e por se fose pouco, nesta mesma entrada colocarei a relación de candidatos a "Libro do Mes de Marzo 2012" con links a fichas ou comentarios  de cada un deles, por se tendes a ben ver de que van, cantas páxinas teñen, que opinan deles os que xa os leron , etc, etc, etc. Que como elaborei esta lista? Moi fácil: en compañía de Pepe Taboada fun vendo e tomando nota dos títulos xeitosos que tiñamos na biblioteca do centro e dos que había varios exemplares.  Descartei os que eran lectura obrigatoria nalgún curso e aqueles que me pareceu que non encaixaban nos voso gustos lectores.

Pídovos logo que consultedes a relación dos libros que veredes a continuación, que vos informedes do que teñades a ben e que, unha vez ponderadas todas as opcións, votedes por aquel ou aqueles que consideredes mellores, por un ou dous, non máis. Cos máis votados, faremos unha segunda volta, como nas eleccións presidenciais francesas, que isto é importante, e non imos escoller unha obra calquera. Por fin, cando outra vez nos reunamos o día 24 de febreiro no segundo recreo, xa saberemos que libro é o gañador, o número 1, o "Libro de Marzo 2012 do club de lectura María Casares".

Postdata: Vota polos teus favoritos xa!



A chamada da selva, de Jack London

Durmindo sobre os espellos, de Jordi Sierra i Fabra

Harry Potter y el prisionero de Azkaban, de J. K. Rowling

Mi familia y otros animales, de Geral Durrell

Alicia en el país de las maravillas, de Lewis Carrol

Irmán do vento, de Manuel Lourenzo González

Contos por palabras, de Agustín Fernández Paz

Alexandra, de Lola Gándara

O príncipe da brétema, de Carlos Ruiz Zafón

Momo, de Michael Ende

Intercambio cun inglés, de Christine Nostlinger

Una luz en la marisma, de Javier Alfaya

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...