8/2/12

Cruasáns, madalenas, abalóns e outros manxares





O club de lectura María Casares goza de bo apetito e non só lector, tamén do outro. Puidemos constatalo o venres día 3 de febreiro cando nos reunimos no segundo recreo para falar de La isla de los delfines azules e Marisa, a profesora de galego, nos trouxo unhas madalenas e uns cruasanciños que duraron o que duran os suspiros dun falso  namorado. En fin, entre bocado e bocado, tivemos tempo de comentar as peripecias de Karana, recordando especialmente os moitos traballos que pasaba a pobre xuntando de aquí e de aló a comida necesaria para sobrevivir: abalóns, raíces, baias... A ninguén lle pareceu precisamente apetitosos ese condumio: moito máis ricas as madalenas e os cruasáns, "onde el vai parar", que diriamos na miña terra. Pero, ollo!, xa sabedes que madalenas e cruasáns hai que comelos con precaución por aquelo das calorías e das grasas trans.  Quedamos en buscarlle un sucesor ás aventuras de Karana e, tras escoitar e tomar nota das suxestións de varios dos participantes na reunión, adoptamos por caótica unanimidade a decisión de   argallar unha consulta popular a través deste blog. Está visto que a tod@s @s mariacasareiros nos encantan os procedementos democráticos. En consecuencia, permanecede  algo atentos a este blog que en dúas patadas publico a enquisa que nos permitirá a feliz e democrática elección da próxima lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...