26/2/09

A autobiografía de María Casares en galego


Hoxe toca falar doutra famosa exiliada, dunha rapaza coruñesa, quen, con só 15 anos, tivo que cruzar a fronteira alá no ano 1937 e buscar refuxio en Francia. Chamabase María Casares e era filla de Santiago Casares Quiroga, célebre político coruñés que chegou a ser xefe do Consello de Ministros da República. Nos meses anteriores á súa fuxida, María traballara como enfermeira do exército republicano. Logo, nada máis chegar a Francia, na pequena poboación de Le Pethus, coñece a xente da Comedia francesa e inicia a súa carreira como actriz de cine e de teatro. Se queredes saber máis datos da súa vida clicade no se nome e consultade a fermosa fotobiografía que nos ofrece culturagalega.org. E se aínda quedades con gañas de máis información, esperade que saia a autobiografía en galego da xenial artista. A editorial Trifolium encargarase de poñela en circulación na segunda semana de marzo co título de Residencia privilexiada, segundo nos informaba hai pouco La Voz de Galicia. Tomade nota deste libro, ao que lle teremos que facer sitio na nosa biblioteca (e abofé que iso é cada día máis difícil).
A foto está sacada de culturagalega.org.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...