9/2/09

Unha galega que triunfa en USA
























Solitaria, enigmática, lista como a fame e amiga de meterse en líos: así é Luci Jenifer Inacio das Neves, "Lucifer" para os amigos, a protagonista de
Hexed, o cómic que a arousana Emmma Ríos publicou o mes pasado en Estados Unidos e que podedes ler completo en myspace. com-Comic Books. Disponédevos logo a percorrer as rúas e antros de Manhattan na compaña dunha moza encarrapuchada, miúda e escurridiza, que entra nos sitios sen pedir permiso e sae sen despedirse. Non podía ser doutro xeito tendo en conta o caráter das ocupacións da tal moza. Non era de esperar que a recibisen con banda de música e alfombra vermella...
A propósito, o cómic está en inglés, any problem? Se é que si, estes dous dicionarios online poden sacarvos de apuros: Wordreference e Dictionary.com.
Para máis información sobre esta fabulosa debuxante consultade culturagalega.org: ademais dunha sucinta biografía de
Emma Ríos, veredes un resumo da súa produción e varios links a publicacións que inclúen traballos desta artista. Agora ben, tamén podedes deixar que a propia Emma Ríos vos fale das súas experiencias desde o seu blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...