7/2/09

O amor en tempos de crise

Cabe a posibilidade de que a semana que vén chegue ás nosas aulas e pasillos o ciclón de suspiros con nome de santo (San Valentín, por se non te decataras) que soe soprar todos os anos por estas datas. E non vaiades pensar que é un ventiño calquera por iso de que non arrinca tellados nin pecha institutos. Convén, xa que logo, estarmos preparados e preparadas, que se di agora. Conste que eu non creo que a xente se namore máis porque sexa 14 de febreiro, claro. Pero, dito isto, aproveito para arrimar a auga ao meu muíño e lémbrovos que non hai nada máis tratado na literatura que a cuestión esa do amor: “quérote”, “por que non me queres”, “quéreme máis, anda, qué traballo che costa”… etcétera, etcétera, etcétera. Así que entre varias persoas imos encher este blogue de amor ata que empalague. Empezo eu e fágoo precisamente cunha historia sen palabras pero moi simpática que vin en Trafegando ronseis, un dos meus blogues imprescindibles. Trátase dun namoramento con suspense que arranca nun lugar improblable (ou non tanto, pero eu nese tema non quero entrar…). E non sigo: mellor vede o vídeo, se o tendes a ben.
Vía: Trafegando ronseis


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...