Charles Darwin, 200 anos
O xoves 12 de febreiro é o 200 aniversario do nacemento de Charles Darwin, o científico inglés que fixo cambiar a base dos estudos científicos sobre a orixe da nosa especie.
Este estudante de Teoloxía cambiou de idea e, ós 22 anos, comezou unha viaxe ó redor do mundo a bordo do bergantín Beagle, xunto co capitán Fitz Roy. Cando voltou a Inglaterra traballou durante anos no estudo dos seus cadernos de notas e dos restos fósiles que recolleu na viaxe. Defendeu, xunto con Wallace (de que falaremos estes días) a teoría da evolución das especies segundo a adaptación ó hábitat, e a teoría da variación.
A súa obra Sobre a orixe das especies por medio da selección natural ou a conservación das razas favorecida na loita pola existencia foi publicada en 1859, hai 150 anos. Por esa coincidencia de datas estamos celebrando o "ano Darwin".Podedes consultar a biografía completa do científico inglés na wikipedia e, se tedes catro minutos libres, podedes ver o resumo que hai en youtube:
No hay comentarios:
Publicar un comentario