2/2/09

Canteira de oradores e oradoras


La Voz de Galicia transmitía a boa nova este domingo: o alumnado galego prefire os argumentos aos gritos, as razóns á demagoxia. Algo diso xa o sabiamos por aquí pero encántanos velo publicado na prensa (xa vedes, ás veces as boas noticias son noticia). ¿E como se enteraron nos xornais de que nos nosos institutos hai rapaces e rapazas cunha capacidade argumentativa e uns modais "tipo Obama"?. Gracias a unha Liga Galega de Debate, promovida pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade, que rematou onte en Santiago. Pois ben, do María Casares mandamos a esta liga un equipo que ben poderiamos considerar de primeira división: Antía Pardo, Soraya Cruz, Alejandro Pardo e Samuel Nión, todos de primeiro de bacharelato. Heilles pedir unha mostra do seu traballo para publicala proximamente neste blog.
A foto está sacada da páxina xuventude.net, onde podedes atopar máis información sobre este tema.

1 comentario:

  1. Anónimo2/02/2009

    Noraboa a todos os participantes e aos "reservas" que non viaxaron a Santiago pero que sabemos que traballaron moi ben aínda que a sen moito tempo. Agora hai que empezar a prepararse para a III Liga. Con argumentos!

    ResponderEliminar

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...