22/2/09

Recordando a Antonio Machado

O 22 de febreiro de 1939 morría en Collioure (Francia) o gran poeta Antonio Machado. Gravemente enfermo, Antonio Machado chegara a esa pequena localidade francesa na compaña da súa nai, tamén moi enferma, e doutros compatriotas que fuxían do exército de Franco, cuxa aviación os perseguiu e bombardeou con saña, segundo relata Alonso Montero na súa columna do suplemento Culturas (La Voz de Galicia, 21/02/2009).
De Antonio Machado sóese destacar a súa obra literaria, especialmente a poética, pero tamén iso que chamamos "calidade humana", que é a que hoxe me interesa lembrar aquí. Mirade, Antonio Machado foi o que se di un home bo, unha persoa que se esforzou por levar unha vida coherente coas súas ideas. Case nada. Invítovos a que leades uns versos que o xenial Rubén Darío, de quen Machado era amigo, lle dedicou:

ORACIÓN POR ANTONIO MACHADO

Misterioso y silencioso
iba una y otra vez.
Su mirada era tan profunda
que apenas se podía ver.
Cuando hablaba tenía un dejo
de timidez y de altivez.
Y la luz de sus pensamientos
casi siempre se veía arder.
Era luminoso y profundo
como era hombre de buena fe.
Fuera pastor de mil leones
y de corderos a la vez.
Conduciría tempestades
o traería un panal de miel.
Las maravillas de la vida
y del amor y del placer,
cantaba en versos profundos
cuyo secreto era de él.
Montado en un raro Pegaso,
un día al imposible se fue.
Ruego por Antonio a mis dioses,
ellos le salven siempre. Amén.

O poema aparece publicado en poesia-inter.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...