12/2/09

Inspiration is perspiration


Permitímonos hoxe incluír no blogue unha longa cita sobre Darwin extraída dun recente artigo que o científico Xurxo Mariño publicou en culturagalega.org. E facémolo porque nos parece moi oportuno recordar que tamén a Darwin a inspiración o colleu traballando, ou, como dirían os ingleses, "inspiration is perspiration."
Di Xurxo Mariño:"Polas súas obras e por todo o que teño lido sobre el, estou convencido de que Darwin non era unha persoa de intelixencia “superior”. A idea da selección natural, por exemplo, está exposta dun xeito máis brillante por Alfred Wallace que por Darwin, se comparamos os breves traballos que ámbolos dous presentaron conxuntamente en 1858 na “Linnean Society” de Londres, pistoletazo de saída para a publicación de “A orixe das especies” un ano despois. Mais Darwin foi un científico que destacou por riba de todos os naturalistas do seu tempo e que desenvolveu unha visión revolucionaria da vida sobre a cal se sustenta toda a bioloxía de hogano. Como fixo? Observou a natureza con gozo e extrema curiosidade, cunha mente libre de prexuízos; buscou probas con paciencia, perseveranza e tesón antes de convencerse e dar algo por feito; foi humilde ata extremos inconcibibles hoxe en día; viaxou por todo o mundo, observou, meditou, camiñou, navegou, volveu a meditar. E todo sen presas. Foi un científico modelo, un dos poucos. Hoxe hai moito currículo e moita présa, pero poucos científicos coa calidade de Charles Darwin."
Se queredes ler o artigo completo, clicade aquí.
A foto está sacada de culturagalega.org

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...